Barbadás acolle un obradoiro sobre benestar emocional e xestión do estrés dentro do Programa Luz Pozo Garza

OurenseXa
A actividade celebrarase o 14 de xullo na Asociación de Veciños San Lourenzo de Piñor e está organizada polos concellos de Barbadás e Ramirás
programa-luz-pozo-garza-barbadas
12 Jul 2026

A Asociación de Veciños San Lourenzo de Piñor, no concello de Barbadás, acollerá o vindeiro 14 de xullo, ás 19.00 horas, un obradoiro centrado no benestar emocional e na xestión do estrés, incluído na programación do Programa Luz Pozo Garza.

A iniciativa busca ofrecer ás persoas participantes ferramentas para favorecer a relaxación e o coidado da saúde emocional nun espazo dedicado á aprendizaxe e ao benestar.

As persoas interesadas en asistir poden obter máis información e formalizar a súa inscrición a través do seu concello ou enviando unha mensaxe de WhatsApp ao número 685 211 882.

A actividade está organizada conxuntamente polos concellos de Barbadás e Ramirás dentro das accións que desenvolven no marco do Programa Luz Pozo Garza.

0.12333798408508