Barbadás anima á veciñanza a facer uso do colector marrón

OurenseXa
Os veciños e veciñas de Barbadás poderán recoller unha chave de acceso ao colector, un caldeiro doméstico de 10L e un paquete de bolsas biodegradables na Casa Consistorial
Campaña d reciclaxe de Barbadás
Campaña de reciclaxe de Barbadás
26 Xul 2024
O Concello de Barbadás continúa durante o verán coa súa campaña de reciclaxe doméstica. Por iso, desde o organismo municipal animan á veciñanza a unirse a esta iniciativa de mellora do medioambiente facendo uso do colector marrón.
Os veciños e veciñas poderán recoller unha chave de acceso ao colector, un caldeiro doméstico de 10L e un paquete de bolsas biodegradables na Casa Consistorial. Ademais, recibirán un díptico informativo no que se indica o tipo de residuos que deben depositarse nestes contedores.
0.16241812705994