Barbadás aproba unha aportación de 700.000 euros de fondos do Estado

OurenseXa
Esta aportación eximirá ao Concello de solicitar o crédito previsto nos orzamentos para a realización de diferentes inversións
Pleno extraordinario do Concello de Barbadás, agosto de 2024
7 Ago 2024

A Corporación de Barbadás celebrou esta mañá un pleno extraordinario no que se trataron asuntos de carácter económico. Por unanimidade aprobouse á aportación de 700.000 euros de fondos do Estado, o que eximirá ao Concello de solicitar o crédito previsto nos orzamentos para a realización de diferentes inversións.

Tamén aprobou o pago de 207.000 euros en facturas a diferentes provedores, apoiado igualmente por todos os grupos políticos coa excepción do concelleiro do BNG, que optou por absterse.

O primeiro grupo destas facturas relaciónase coas prestacións de servizos relacionados con empresas provedoras de servizos informáticos e asistencia técnica en materia de contabilidade. Noutro grupo atópanse as facturas emitidas por empresas comercializadoras de produtos combustibles e carburantes.

A aportación extraordinaria do Goberno Central ás arcas municipais motivou á celebración do pleno extraordinario, xa que a resolución foi notificada o día 31 do mes pasado e o expediente alongaríase no tempo de agardar á celebración da sesión ordinaria.

O alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, destacou a contía recibida por parte do Goberno Central “fronte ao importe que aporta a Xunta de Galicia a través do Fondo de Cooperación Local e que permanece sen incrementos dende hai 13 anos”.

0.082911014556885