Barbadás celebra o éxito do seu XI Festival Solidario que reuniu a máis dun centenar de músicos

OurenseXa
Nesta edición, o festival estivo dedicado á asociación Morea, entidade que traballa con persoas con trastorno mental grave e coas súas familias
festival-solidario-barbadas
23 Apr 2026

Máis dun cento de intérpretes, entre alumnado e docentes, participaron no XI Festival Solidario de Barbadás, unha iniciativa impulsada pola Escola de Música Municipal de Barbadás (EMMB) co apoio do Concello e cun marcado carácter social.

Nesta edición, o festival estivo dedicado á asociación Morea, entidade que traballa con persoas con trastorno mental grave e coas súas familias, polo que os fondos recadados destinaranse integramente ao seu labor.

O concerto celebrouse o pasado sábado, 18 de abril, no auditorio do Conservatorio de Música de Ourense, cun fío narrativo que levou ao público por Escocia, Irlanda e Galicia e que reuniu 120 músicos que se subiron ao escenario para culminar o traballo e o esforzo levado a cabo ao longo dos últimos meses.

0.10420298576355