Barbadás celebrará unha nova edición do Paseo literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite”

OurenseXa
A cita terá lugar o vindeiro sábado, 11 de maio
paaseo_literario_piñor
II Paseo literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite”
1 abr 2024

O Concello de Barbadás organiza, un ano máis, o Paseo literario “O Piñor de Carmen Martín Gaite”, que nesta segunda edición contará coa participación do estudoso David G. Couso, experto na vida e obra da autora.

A cita terá lugar o vindeiro sábado, 11 de maio, ás 10.30 horas no local social de San Lourenzo de Piñor.

A inscrición é libre e de balde, e poderase realizar de xeito telemático a través da páxina web do Concello de Barbadás.