Barbadás continúa este sábado coa campaña de Compostaxe Doméstica

OurenseXa
O Concello instalará un posto na Valenzá e repartirá contedores entre a veciñanza
A veciñanza de Barbadás recibe unha charla sobre compostaxe
25 Oct 2024

A campaña de Compostaxe Doméstica posta en marcha polo Concello de  Barbadás continúa este sábado, 26 de outubro, co reparto de material entre a veciñanza.

O Concello instalará un posto informativo na Valenzá, concretamente no número 39 da Avenida de Celanova, que estará aberto entre as 11.00 e as 13:30 horas. Os veciños e veciñas recibirán alí todo o material necesario para a compostaxe doméstica (manual de compostaxe, composteiro e aireador) de forma totalmente gratuíta.

Desde o Concello lembran que os composteiros son limitados e que os interesados poden reservar o seu a través da súa páxina web ou ben chamando ao 647 521 464.

0.12886190414429