Barbadás e Ramirás impulsan un programa de apoio psicolóxico, asesoramento xurídico e actividades para mulleres

OurenseXa
A iniciativa, gratuíta e dirixida a mulleres de todas as idades, inclúe accións orientadas ao empoderamento, a inserción e o benestar
programa-luz-pozo-garza
27 Jul 2026

Os concellos de Barbadás e Ramirás puxeron en marcha o programa Luz Pozo Garza, unha iniciativa dirixida a mulleres de todas as idades que ofrece de forma gratuíta diferentes servizos de apoio e actividades orientadas a promover o benestar e a igualdade.

O programa inclúe atención psicolóxica, asistencia e consultas xurídicas, así como accións destinadas a fomentar o empoderamento, a inserción e o benestar das participantes.

As persoas interesadas en formar parte desta iniciativa ou en solicitar máis información poden contactar co servizo a través do teléfono 685 211 882.

0.12945508956909