Barbadás festexa o Día do Pai con actividades para os máis pequenos

OurenseXa
A partir das 16.30 horas haberá actividades de photocall, globoflexia, maquillaxe e música
presentación_campaña_dia_do_pai_barbadas
Presentación da campaña do Día do Pai de Barbadás
19 mar 2024

O Concello de Barbadás festexa o Día do Pai con actividades destinadas aos máis cativos. A partir das 16.30 horas haberá actividades de photocall, globoflexia, maquillaxe e música.

Ademais, ás 19.00 horas na Avenida de Celanova realizarase o segundo sorteo de agasallos enmarcado na celebración do Comercio Local de Barbadás, na que participan unha vintena de establecementos.

Esta iniciativa pretende dinamizar o comercio local deste concello, tal e como destaca a concelleira de Comercio, Marga Pérez.

“Invitamos a mercar no comercio local  de Barbadás a todos os veciños e veciñas, tamén aos de concellos próximos, xa que os negocios ofertan unha gran variedade de propostas de calidade”.