Barbadás festexa o Día Mundial de la RCP con actividades dirixidas a toda a poboación

O Concello de Barbadás conmemora o Día Mundial da RCP, que se celebra este martes, 16 de outubro, cun programa de actividades que se estenderá ata o próximo 23 de outubro.
As actividades arrancan hoxe ás 17.00 horas na carpa de Emerxencias e Protección Civil instalada na rotonda da Familia, cun obradoiro de 'Adestramento e concienciación nas de SVB'.
O luns, 21 de outubro, terá lugar un 'Taller práctico de soporte vital' que será impartido por Brais López, enfermeiro e técnico de emerxencias sanitarias. O taller desenvolverase en tres sesións que terán lugar ás 12.00 horas no Fonval, ás 18.00 horas no CEIP o Ruxidoiro e ás 20.30 horas na Escola Infantil Municipal. Todas as actividades estarán destinadas ao público en xeral.
O martes, 22 de outubro, terá lugar un taller práctico titulado 'Soporte vital básico para escolares', destinado a profesores e escolares dos CEIP o Ruxidoiro e Filomena Dato.
Por último, o mércores, 23 de outubro, terá lugar o último dos talleres, titulado 'Adestramento e concienciación nas técnicas de SVB', no polideportivo municipal.