Barbadás inaugura este luns a exposición Berces de Vida

OurenseXa
A mostra poderá visitarse ata o 6 de maio na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Manuel María de Barbadás
bercesdevida__maxwidth
Barbadás acolle a exposición Berces de Vida
21 abr 2024

Afundación, o Concello de Barbadás e ABANCA presentarán o vindeiro luns 22 de abril, ás 11.00 horas, na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Manuel María, a mostra «Berces de vida. De paseo polos bosques de España». No acto estarán o alcalde do Concello de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel; a concelleira de Cultura do Concello de Barbadás, Ana Belén Peleteiro; o coordinador institucional de ABANCA en Ourense, Mateo Alonso San Román; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo. Esta mostra está incluída en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación.

«Berces de vida» permanecerá aberta ata o 16 de maio na Sala de Exposicións da Casa da Cultura Manuel María de Barbadás, onde se poderá visitar  de luns a venres en horario de 8.30 a 14.30 horas e de 16.00 a 20.00 horas. A mostra, en colaboración con Lunwerg, reúne 26 fotografías da biodiversidade das fragas e bosques de España e está comisariada por Joaquín Araújo.