Barbadás inaugura o ciclo “Os xoves a biblioteca cóntache…” cun espectáculo de maxia para fomentar a lectura

OurenseXa
A primeira sesión será esta tarde co espectáculo “Os teus libros teñen maxia”, a cargo do Mago Fernando Moreno
Biblioteca-barbadas
7 May 2026

O Concello de Barbadás inicia esta tarde o ciclo “Os xoves a biblioteca cóntache…”, unha programación de actividades na biblioteca municipal dirixida ao público infantil.

A primeira sesión contará co espectáculo “Os teus libros teñen maxia”, a cargo do Mago Fernando Moreno, unha proposta de maxia orientada a achegar a lectura aos máis pequenos dunha forma lúdica e participativa.

A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 8 anos e terá lugar ás 18:30 horas na Biblioteca de Barbadás.

As prazas son limitadas e é necesaria inscrición previa a través do correo electrónico biblioteca@barbadas.es, indicando nome, apelidos, idade e un teléfono de contacto.

0.13750910758972