Barbadás inica os traballos para favorecer o acceso ás explotacións agrarias

OurenseXa
Ademais da actuación no Camiño do Hervideiro tamén levaranse a cabo obras de mellora no Camiño A Carreira
obras-hervideiro-barbadás
Obras na rúa Hervideiro, Barbadás
6 Nov 2024

O Concello de Barbadás está a levar a cabo esta semana obras de mellora na súa rede viaria rural, especialmente dirixidas a favorecer a accesibilidade ás explotacións agrarias e a mellorar a calidade de vida no medio rural, apostando por un rural máis accesible e competitivo.

O proxecto abarca actuacións significativas en dúas vías municipais, cunha intervención especial no Camiño do Hervideiro, no que se están a acometer esta semana obras de desbroce, ampliación e reforzo do firme, ademais de melloras no drenaxe e na seguridade viaria. Entre as actuacións específicas neste camiño inclúese a demolición e reposición dun muro de mampostería de 17,50 metros, a limpeza de cunetas e a colocación de sinais de tráfico para reforzar a seguridade.

Outro dos camiños incluídos no proxecto, pero cuxas obras aínda no comezaron, é o Camiño A Carreira, onde se realizarán tarefas de ampliación, bacheo e reforzo do pavimento, así como melloras na sinalización horizontal e vertical. Con estas actuacións, o Concello busca facilitar o tránsito de maquinaria ás explotacións e reducir os custos de transporte dos produtos ao mercado.

Cun investimento de 56.219,02 euros, este proxecto non só responde ás necesidades inmediatas de mantemento e mellora das infraestruturas rurais, senón que tamén reforza a competitividade agraria e rural do municipio.

0.1672248840332