Barbadás inicia as obras de mellora na rúa Hervideiro, Sobrado
OurenseXa
Os traballos consistirán na construción dun muro de contención e o arranxo do vial
Obras na rúa Hervideiro, Sobrado, Barbadás
5 Nov 2024
O Concello de Barbadás vén de comezar as obras de mellora na rúa Hervideiro, en Sobrado, uns traballos que durarán aproximadamente durante unha semana.
As obras contemplan a construcción dun muro e o arranxo do vial, motivo polo cal esta rúa permanecerá pechada ao tráfico durante toda a semana, e o acceso terá que facerse a través do Casco Antigo.