Barbadás ofrece un curso de manipulación de alimentos

OurenseXa
A actividade celebrarase o venres 29 de maio e as prazas son limitadas
manipulador-alimentos-hostalería
17 May 2026

O Concello de Barbadás, a través da Concellería de Promoción Económica e Formación, organiza un curso de manipulación de alimentos dirixido a persoas interesadas en obter formación neste ámbito.

A actividade celebrarase o venres 29 de maio, en horario de 10.00 a 14.00 horas, no CET de Barbadás. Trátase dunha formación con prazas limitadas, polo que será necesario formalizar a inscrición con antelación.
As persoas interesadas poden anotarse chamando ao número de teléfono 988 360 413 ou a través do correo electrónico cet@barbadas.es.

0.13510298728943