Barbadás organiza un curso de agricultura ecolóxica para o mes de maio

OurenseXa
O curso impartirase entre do 6 ao 10 de maio CET Barbadás en horario de tarde
curso-agrucultura-ecoloxica-barbadas
Barbadás organiza un curso de agricultura ecolóxica
13 abr 2024

A  Concellaría de Promoción Económica, Turismo e Formación, do Concello de Barbadás, organiza un Curso de agricultura ecolóxica, onde as persoas participantes adquirirán coñecementos básicos sobre manexo do solo, operacións de cultivo e recolección para converter as explotacións actuais en produccións ecolóxicas.

O curso terá lugar entre o 6 e o 10 de maio no CET Barbadás, en horario de tarde, entre as 16.00 e as 19.00 horas.

As persoas interesadas poderán inscribirse por teléfono, chamando ao 988 360 413, ou por correo electrónico, a través da dirección cet@barbadas.es.