Barbadás organiza un curso de operador de carretilla elevadora para mellorar a inserción laboral

A Concellería de Promoción Económica, Turismo e Formación do Concello de Barbadás pon en marcha unha nova edición do curso de operador/a de carretilla elevadora, unha acción formativa dirixida a facilitar a incorporación ao mercado laboral.
A actividade combinará contidos teóricos e prácticos co obxectivo de que as persoas participantes poidan obter o carné de operador/a de carretilla elevadora conforme á norma UNE 58451, que regula este tipo de formación.
O curso desenvolverase entre o 15 e o 18 de xuño, en horario de tarde, de 16:00 a 21:00 horas, nas instalacións do CET de Barbadás.
As prazas son limitadas e terán preferencia as persoas desempregadas empadroadas no municipio. As inscricións poden formalizarse a través do teléfono 988 360 413 ou do correo electrónico cet@barbadas.es.