Barbadás organiza un obradoiro para crear mecos de Entroido
OurenseXa
Será este sábado, 22 de febreiro, no Museo da Gaita

19 Feb 2025
O Concello de Barbadás continúa esta fin de semana cos obradoiros temáticos que se están a desenvolver dentro do programa de actividades do Entroido de 2025. Así, este sábado 22 de febreiro terá lugar un taller no que os asistentes poderán aprender a elaborar os seus propios mecos.
O obradoiro está dirixido aos nenos e nenas de entre 3 e 12 anos de idade e desenvolversase entre as 16.00 e as 19.00 horas no Museo da Gaita de Barbadás. Para poder asistir, será necesario anotarse previamente por teléfono a través do 988 360 413 ou por correo a través da dirección museodagaita@barbadas.gal.