Barbadás organiza unha nova sesión do programa “Os xoves a Biblioteca cóntache…”

OurenseXa
A actividade contará coa narradora Atenea García e celebrarase o xoves 21 de maio na Biblioteca Municipal, dirixida a nenos e nenas de 4 a 8 anos
xoves-na-biblio-barbadas
20 May 2026

O Concello de Barbadás continúa co programa “Os xoves a Biblioteca cóntache…”, unha iniciativa de dinamización cultural que nesta ocasión ofrecerá unha nova sesión de narración oral a cargo da narradora Atenea García.

A actividade terá lugar o xoves 21 de maio ás 18:30 horas na Biblioteca Municipal de Barbadás, onde se presentará o conto “Estrafalaria”, unha proposta dirixida ao público infantil.

Segundo a sinopse, a historia presenta personaxes como Alicia, que ten por costume escorregar por calquera tipo de “burato” sen importarlle a súa profundidade, escuridade ou o sinuoso que sexa, e Carlota, que escolle o seu propio camiño e embárcase en aventuras emocionantes que nada teñen que ver coas das princesas. A través destas vivencias, a narración invita a reflexionar sobre a diversidade, a percepción do “estraño” e o relativo que pode ser o que consideramos “estraño”.

A actividade está recomendada para nenos e nenas de entre 4 e 8 anos e enmárcase nunha proposta educativa que aborda a igualdade e a violencia de xénero.

A participación require inscrición previa, que debe realizarse a través do correo electrónico biblioteca@barbadas.es, indicando nome e apelidos, idade e un número de teléfono de contacto.

0.1241979598999