Barbadás prepárase para recibir a visita de Papá Noel

OurenseXa
Estará no Poboado de Nadal este luns, 23 de decembro, a partir das 23.00 horas
nadal-papa-noel
22 Dec 2024

Esta semana, os veciños e veciñas de Barbadás están a gozar das primeiras actividades de Nadal postas en marcha desde o Concello, como un obradoiro de Nadal no Museo de Gaita de Fole, ata a Masterclass de Nadal, pasando por “As Colexiadas” aprendendo deportes de raqueta no CEIP O Ruxidoiro.

Para este luns, o Concello ten programada a chegada de Papá Noel ás 18.00 horas ao poboado de Nadal da Valenzá. O seguinte en visitar Barbadás será o Apalpador, que percorrerá a Avenida de Celanova o 27 de decembro. Pola súa bando, os Reis Magos chegarán xa coa entrada do 2025, o xoves 2 de xaneiro, cando pasarán por diferentes localidades como Loiro, Pontón, Fonsillón ou Piñor, ademais da Avda de Celanova. O día seguinte seguirán en Barbadás, agardando polos máis pequenos no Pavillón Municipal.

O xoves 26 terá lugar o Festival de Panxoliñas e o venres 27 o concerto da Agrupación de Clarinetes da EMMB. Tamén a agrupación de guitarra e violín “Sen contrastes”, da EMMB, actuará o luns 30. O peche das actuacións musicais chegará o venres 3 de xaneiro co concerto de Aninovo da Banda de Música Cultural de Barbadás.

Entre outras actividades, o 26 de decembro, terá lugar un taller de DJ e, o mesmo día, comezará o clínic de porteiros. Haberá, ademais, un Torneo Benéfico Prebenxamín Memorial Javier Carid “Abuelo”.

0.17036414146423