Barbadás reforza a seguridade no municipio

OurenseXa
O Concello de Barbadás vén de sacar a licitación un novo vehículo para a Policía Local
barbadás-policia
Policía Local de Barbadás
8 Feb 2025

O Concello de Barbadás vén de sacar a licitación un novo vehículo para a Policía Local, o cal debe cumprir con todos os requisitos medioambientais e adaptarse ás necesidades de mobilidade e servizo cidadá no municipio. Ademais, está a traballarse conxuntamente coa Dirección Xeral da Administración Local para optar a unha subvención a través do Fondo de Compensación Ambiental que permitiría dotar a Policía Local dun segundo automóbil.

En paralelo, o Concello de Barbadás reforzará o seu corpo de seguridade cun novo efectivo. A Academia Galega de Seguridade xa está a tramitar a incorporación dunha praza máis, o que elevará a sete o número de axentes en activo no municipio. O alcalde de Barbadás e xefe da Policía Local, Xosé Carlos Valcárcel, lembrou que hai 12 anos só existían tres efectivos no corpo, e salientou o compromiso do goberno local na mellora das condicións laborais da Policía Local, con medidas como a instalación dun armeiro e a optimización da Relación de Postos de Traballo (RPT).

Estas iniciativas reforzan o compromiso do Concello de Barbadás coa seguridade cidadá e a mellora dos medios dispoñibles para a Policía Local, garantindo unha resposta eficaz ás necesidades da veciñanza.

0.19356298446655