Barbadás traballa na elaboración dun novo Plan de Emerxencias Municipal

OurenseXa
O actual Plan de Emerxencias Municipal do Concello de Barbadás data do ano 2023
Xunta local do Concello dee Barbadás
Xunta local do Concello de Barbadás
11 Xuño 2024

Barbadás vén de constituir a Xunta Local de Protección Civil cos integrantes dos grupos operativos que conformarán o Plan de Emerxencias Municipal (PEMU). Ao encontro asistiu o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, a tenente de alcalde, Victoria Morenza, e o concelleiro de Emerxencias, Dani Rey.

Rey explicou que o obxectivo fundamental da constitución da xunta local “é precisamente a elaboración dun novo PEMU, xa que o actual data do ano 2003”. Tamén sinalou que esta xunta reunirase como mínimo unha vez ao ano, ademais de cando se requira pola elaboración do propio plan.

As funcións da Xunta Local de Protección Civil de Barbadás serán proponer a elaboración do Plan de Emerxencias Municipal (PEMU) e os plans especiais que considere necesarios, de acordo cos riscos do concello; emitir un informe con carácter previo á súa aprobación sobre os plans de protección elaborados; emitir e supervisar o desenvolvemento, a implantación, a revisión e a realización de simulacros e actualización dos plans; promover e supervisar o cumprimento das medidas de prevención establecidas no PEMU; promover campañas de formación e información cidadá, así como o adestramento daqueles sectores da poboación que se considere necesario, consonte á problemática de risco que os afecte; analizar e avaliar o desenvolvemento do PEMU unha vez conclúa a situación de emerxencia e propoñer as correccións necesarias; promover e impulsar as medidas que considere necesarias no ámbito da protección civil, así como nformar e propoñer as previsións económicas e de infraestruturas que sexan necesarias para o desenvolvemento das súas competencias.

0.19559693336487