Barbadás xa ten cartel oficial para o Entroido de 2025

OurenseXa
“Volverei”, de Patricia Antonela Juliá Siracusa, foi a obra gañadora do concurso convocado polo Concello
concurso-carteis-entroido-barbadas
Gañadora do concurso de carteis do Entroido de Barbadás
11 Feb 2025

Barbadás vén de elixir o seu cartel oficial para o Entroido de 2025, que foi seleccionado entre todas as propostas presentadas no concurso convocado polo Concello.

O cartel gañador de este ano titúlase “Volverei” e é obra de Patricia Antonela Juliá Siracusa. O xurado destaca a súa orixinalidade e humor, cun xabaril superheroico na icónica Glorieta da Familia. A autora recibirá un premio de 500 euros polo seu traballo.

O Concello ten convocado tamén para este ano un concurso de Mecos de Entroido, que terá aberto o prazo de inscrición e presentación das propostas ata o vindeiro 14 de febreiro.

Con este certame, o Concello busca destacar unha das expresións máis tradicionais destas festas: os mecos, figuras creadas polos veciños e veciñas como símbolo do Entroido. Poderán participar tanto persoas individuais como grupos pertencentes a asociacións culturais, veciñais ou outros colectivos. Para este certame estableceranse tres premios en metálico: 300 euros para o primeiro posto, 200 euros para o segundo e 100 euros para o terceiro.

0.17597198486328