Besteiro chama á movilización da Galiza interior para "impulsar o cambio da Xunta"

OurenseXa
O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro intervén nun mitin en Celanova con 100 simpatizantes.
Besteiro_PSOE_Celanova
Besteiro_PSOE_Celanova
29 ene 2024

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, chamou á mobilización da Galicia interior a favor dun cambio de goberno encabezado polo PSdeG “cara unha Galicia mellor”. Besteiro interveu nun mitin en Celanova con 100 simpatizantes no que tamén participaron a cabeza de lista da provincia, Carmen Dacosta, a teniente de alcalde, Teresa Barge, e o secretario provincial e senador Rafael Rodríguez Villarino.

Besteiro pediu o cambio cara un novo executivo encabezado polos socialistas galegos que permita “aproveitar as oportunidades” e superar a etapa de gobernos do PP que, sinalou, “din que van facer en 4 anos o que non vivimos nos últimos 15 anos”. Dixo que a alternativa socialista representa “a ambición dunha Galicia mellor, unha Galicia que teña peso en Madrid”, fronte a un Rueda que “sáenos caro” pola súa falla de peso político.

Ironizou con que o candidato do PP vai “a rueda” dos socialistas galegos, antes de lembrar que hai 10 días Feijóo votara no Congreso en contra dunha “pensión digna” para os 800.000 pensionistas galegos dentro da súa posición de confrontación sistemática do goberno de Pedro Sánchez.

A cabeza de lista do PSdeG pola provincia de Ourense, Carmen Dacosta, reivindicou a proposta de Besteiro de despregar un Plan para o reequilibro territorial da provincia. Defendeu o proxecto socialista de defensa da sanidade pública e a educación, impulso da reindustrialización de Galicia e o crecemento económico, que permita a creación de emprego de calidade, freando a marcha dos mozos e mozas a traballar pola falla de emprego e de vivenda.

Tanto a tenente de alcalde de Celanova, Teresa Barge, como o secretario provincial e senador Rafael Rodríguez Villarino, sinalaron as medidas impulsadas polo goberno socialista para mellorar a calidade de vida dos maiores e os fondos de recuperación destinados a impulsar o desenvolvemento da Galicia interior, e preguntaron que fixo o PP coas partidas millonarias que o goberno puxo nas mans da Xunta procedentes de Europa.