Besteiro pon en valor os preto de 15 millóns de euros invertidos polo Goberno Central na remodelación da estación de San Francisco

OurenseXa
O líder do PSdeG criticou nunha visita as obras do novo centro de regulación ferroviaria de Galicia os Orzamentos da Xunta para o 2025 no que respecta a Ourense, que cualificou como “absolutamente decepcionantes”
José Ramón Gómez Besteiro visita as obras de remodelación da estación de San Francisco
José Ramón Gómez Besteiro visita as obras de remodelación da estación de San Francisco
29 Out 2024

O líder do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, visitou este luns as obras do novo centro de regulación ferroviaria de Galicia xunto ao delegado do Goberno, Pedro Blanco. No antigo edificio da estación ourensá de San Francisco, que se está a remodelar con ese fin, destacou o investimento no proxecto, próximo aos 15 millóns de euros, como unha “aposta clara” do Goberno polo futuro do tren en Galicia na que se integran as melloras tecnolóxicas co respecto ao patrimonio.

Besteiro tamén se referiu aos Orzamentos da Xunta para o 2025 no que respecta a Ourense, que cualificou como “absolutamente decepcionantes” porque “non atallan os problemas reais” que enfronta a Galicia interior, cunha notable falta de fondos para infraestruturas “prioritarias” para a cidade e a provincia e cunha atención “mínima” á política de vivenda. Como exemplos concretos da “discriminación” que sofre Ourense nos Presupostos autonómicos, puxo o abandono do centro de atención a persoas con discapacidade ou a ausencia de iniciativas para o termalismo. “Abandónase á Galicia interior que di defender o PP”, concluíu Besteiro.

0.20010590553284