Boas sensacións para o Judoka ourensán, Guillermo Arenas, no Campionato Galego de Judo
Este sábado, 19 de outubro, tivo lugar o Campionato Galego de Judo masculino e feminino en categoría absoluta no Pavillón da Xunqueira en Fene (Coruña). O judoka Guillermo Arenas representou ao Judo Club Marbel nesta competición na que, a pesar de caer na primeira rolda, deixou moi boas sensacións para as próximas citas da tempada.
O campionato, organizado pola Federación Galega de Judo e patrocinado polo Concello de Fene e a Xunta de Galicia, reuniu a 130 judokas.
Guillermo Arenas Xara competiu na categoría de -73 quilos. Nun torneo de excelente nivel, Areas obrigou a empregarse a fondo a Adrián Ramírez Santos, un dos mellores integrantes do Famu de Froitos de Vigo, un dos clubs máis potentes da comunidade.
O sistema de competición foi de eliminatoria directa con “repesca” dobre cruzada e combates de catro minutos. Areas tivo a pé do tatami ao Mestre Felipe Iglesias, dirixindo a súa táctica de combate.