Boborás abre o prazo para solicitar praza no servizo de conciliación familiar do vindeiro curso

O Concello de Boborás abriu, dende o 1 de setembro, o prazo para solicitar praza no programa Boborás Concilia para o curso 2026/2027. Trátase dun servizo municipal pensado para facilitar a compatibilidade entre a vida laboral e familiar da veciñanza.
As solicitudes pódense presentar directamente nas instalacións onde se desenvolve o servizo ou nas oficinas do Concello. Tamén é posible descargar o formulario a través da páxina web municipal, www.boboras.gal.
O programa está dirixido a nenos e nenas escolarizados en Boborás, e o seu horario de atención esténdese de 07.00 a 09.30 horas e de 16.00 a 20.00 horas, coincidindo coas franxas nas que as familias adoitan precisar apoio para conciliar as súas obrigas laborais.
Este servizo está pensado especialmente para os fogares nos que ambos os proxenitores desenvolven a súa actividade laboral dentro do horario en que se presta o servizo.
As monitoras encargadas da atención ao programa, Jessy e Almudena, serán as responsables de resolver as dúbidas das familias interesadas e de recoller as fichas de inscrición unha vez cubertas.
A iniciativa conta co financiamento do Plan Corresponsables da Xunta de Galicia e do programa Ben Ourense da Deputación de Ourense.