Boborás pecha a tempada de piscinas cunha tarde de festa acuática para toda a familia

OurenseXa
O Concello despide o verán nas súas piscinas municipais cunha xornada especial que incluirá un inchable de auga e boa previsión meteorolóxica
piscinas_boboras_cartel
27 Aug 2026

O vindeiro 31 de agosto as piscinas municipais de Boborás baixarán a persiana por este verán, e o Concello preparou unha tarde especial para celebrar o peche de tempada xunto aos veciños, tanto os máis pequenos coma os maiores.

Tratarase da última xornada na que se poderá desfrutar das instalacións antes de que finalice o período estival, polo que se plantexa como unha ocasión ideal para despedirse do baño ata o próximo ano. Para facer a tarde máis animada, a partir das 16.30 horas instalarase un inchable acuático pensado para o entretemento de todos os públicos, tanto nenos coma adultos.

A isto súmase que a previsión meteorolóxica para ese día apunta a temperaturas agradables, un factor que convida a aproveitar ao máximo esta última oportunidade do verán nas piscinas do concello.

Dende a organización animan aos veciños a acudir con bañador, toalla e moitas ganas de pasalo ben, para despedir xuntos a tempada estival nun ambiente festivo e familiar. A cita é o 31 de agosto nas instalacións municipais das piscinas de Boborás.

0.15012788772583