Boborás pon en marcha un obradoiro de cerámica tradicional dentro do seu programa de igualdade

O Concello de Boborás dá hoxe o pistoletazo de saída a un novo obradoiro de cerámica tradicional, unha actividade enmarcada dentro do programa 'Mulleres Empoderadas 2026', orientado á promoción da igualdade e á prevención da violencia de xénero.
O obradoiro celebrarase os mércores pola tarde, en horario de 16.00 a 18.00 horas, e terá como sede o local social de Almuzara. A primeira sesión está prevista para esta mesma xornada, o 14 de outubro.
A proposta busca achegar ás persoas participantes a unha técnica artesanal cunha longa tradición, ofrecendo un espazo no que aprender e traballar coas mans a través da cerámica. Trátase dunha actividade gratuíta, aínda que as prazas son limitadas, polo que desde a organización recomendan formalizar a inscrición canto antes. Terán prioridade as persoas empadroadas no municipio.
Quen estea interesado en participar pode solicitar máis información e inscribirse a través do Concello de Boborás, poñéndose en contacto no teléfono 988 40 20 08.
A iniciativa conta co financiamento da Unión Europea e a colaboración do Concello de Boborás e da Consellería de Política Social e Igualdade, dentro das accións cofinanciadas por fondos europeos destinadas a programas de igualdade no ámbito local.