Boborás proxectará “Rondallas” este venres dentro do programa de cine de verán

Boborás acollerá este venres, 14 de agosto, unha nova sesión de cine de verán coa proxección da película “Rondallas”. A actividade terá lugar a partir das 22.00 horas no exterior da Piscina Municipal de Boborás.
A entrada será gratuíta, aínda que será necesario realizar unha reserva previa a través do teléfono 988 40 20 08.
A proposta está pensada para desfrutar do cine ao aire libre en compañía de familiares ou amigos e forma parte do programa “Cine de Verán: Cine na Rúa”, organizado pola Deputación de Ourense coa colaboración do Concello de Boborás.