Brañas Folk protagoniza este xoves un concerto no Parque dos Patos da Valenzá

OurenseXa
O concerto contará tamén participación do Grupo de Gaitas Nova Fronteira e de Xavier Blanco
concerto-brañas-folk-veran-cultural-barbadas
9 Jul 2026

O programa "En Barbadás, o Verán é Cultura" continúa este xoves, 9 de xullo, cun concerto de música tradicional galega no Parque dos Patos, na Valenzá. A actuación dará comezo ás 21.00 horas.

A proposta estará encabezada por Brañas Folk, formación con máis de dúas décadas de traxectoria que chega a Barbadás tras presentar o seu cuarto traballo discográfico, Godaxe.

O concerto contará tamén coa colaboración do Grupo de Gaitas Nova Fronteira e do músico Xavier Blanco, completando unha cita dedicada á música folk e tradicional galega ao aire libre.

A actuación forma parte da programación cultural de verán organizada polo Concello de Barbadás, que durante as próximas semanas continuará levando diferentes espectáculos a distintos espazos do municipio.

0.12339305877686