Bustelo de Veiga festexa a vindeira semana as Festas de San Antonio
A parroquia de Bustelo da Veiga, en Xunqueira de Ambía, festexará os vindeiros días 17, 18 e 19 de xaneiro de 2025 as súas festas en honra a San Antonio cunha programación chea de música e baile.
As festas arrancarán o día 17 cunha Cea Popular e unha verbena amenizada polo Dúo Ciclón. Para poder asistir, as persoas interesadas deberán anotarse nos teléfonos 678 309 338 ou 636 938 240 antes deste domingo, 12 de xaneiro.
O sábado, 18 de xaneiro, será a quenda da orquestra Solara, que poñerá a música nunha sesión de tarde que dará comezo ás 19.00 horas. Por último, o domingo, 19 de xaneiro, haberá unha misa en honra a San Antonio ás 13.00 horas, amenizada pola actuación da charanga A Felga. O peche das festas estará a cargo do grupo Fussión, que actuará ás 18.00 horas na carpa da festa.