Carlos Blanco presenta en O Carballiño o seu espectáculo humorístico 'A penúltima' o 27 de setembro

OurenseXa
O actor e monologuista galego levará ao Auditorio Manuel María o seu novo espectáculo de humor, que combina imaxes, historias e anécdotas
Carlos Blanco O Carballiño
9 Sep 2026

O Auditorio Manuel María do Carballiño acollerá o vindeiro domingo 27 de setembro a actuación do recoñecido actor e monologuista galego Carlos Blanco, que presentará o seu espectáculo 'A penúltima'. Fiel ao seu característico humor e á súa ironía, o artista subirá ao escenario cunha proposta orixinal na que combina imaxes con historias e anécdotas, tanto novas como xa coñecidas polo seu público.

Carlos Blanco leva xa varios meses de xira por toda Galicia e regresa agora ao Carballiño con esta función, coa que promete facer gozar aos asistentes.

O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, convidou á poboación a gozar desta proposta humorística da man dun dos actores e monologuistas máis destacados do panorama artístico galego e español.

A cita comezará ás 19.00 horas. As entradas xa están á venda a través da web giglon.com e tamén se poden adquirir na pulpería Veracruz do Carballiño. O prezo da entrada é de 15 euros.

0.1637020111084