Carmen V. Valiña regresa ao Ateneo de Ourense para presentar a súa obra “Illa de sangue”

OurenseXa
A novela, ambientada na Illa de San Simón e que percorre desde a posguerra ata a actualidade, resultou gañadora do Premio Narrativa Breve Repsol 2025
presentacion-illa-de-sangue-ateneo
11 Jun 2026

O Ateneo de Ourense acollerá este venres 12 de xuño, ás 19.00 horas, a presentación do novo libro de Carmen V. Valiña, titulado Illa de sangue, unha novela coa que a autora vén de obter o Premio Narrativa Breve Repsol 2025.

A obra desenvólvese na Illa de San Simón e abrangue un período histórico que vai desde a posguerra ata a actualidade, ofrecendo unha narración marcada pola memoria e o paso do tempo. Segundo se adianta, trátase dun relato que está a recibir unha boa acollida, ao igual que o seu anterior traballo, As tolas que non o eran, centrado nas internas de Conxo.

A presentación terá lugar no Salón de Actos da sede provisional do Ateneo de Ourense, situada no Centro Cultural Marcos Valcárcel, e está dirixida a socios, socias e público interesado na actividade literaria.

0.12887811660767