Cartelle celebra esta fin de semana a VI Festa da Carne ao Caldeiro en Prado de Sande

OurenseXa
As celebracións comezan este sábado pola tarde con música e gastronomía
festa-carne-ao-caldeiro-sande-cartelle
17 Apr 2026

A parroquia de Prado de Sande, en Cartelle, prepárase para celebrar a VI Festa da Carne ao Caldeiro, unha cita gastronómica e festiva xa consolidada no calendario local e que volverá converter a zona nun punto de encontro de veciños e visitantes. O evento xirará arredor da gastronomía tradicional e estará acompañado de actividades musicais e propostas de lecer.

A programación comeza este sábado ás 20:30 horas cunha gran mexillonada gratuíta e a Festa da Xuventude, pensada para alongar a celebración durante a noite. O domingo 19 de abril celebrarase o I Paseo de coches clásicos polo municipio de Cartelle, seguido dunha gran comida popular.

0.11963391304016