Cartelle organiza un novo obradoiro de costura despois do bo acollemento da actividade en Outomuro

OurenseXa
O curso, de catro sesións, desenvolverase os mércores no local social da localidade, con prazas limitadas
costura-calceta
26 Sep 2026

O Concello de Cartelle puxo en marcha un novo obradoiro de costura que se impartirá na propia localidade de Cartelle, despois de que unha iniciativa similar programada en Outomuro espertase un notable interese entre os veciños.

A actividade, pensada tanto para quen xa practica a costura como para quen desexe iniciarse nesta disciplina, ten como obxectivo que as persoas participantes aprendan, compartan coñecementos e desenvolvan novas habilidades nun ambiente práctico e creativo.

O obradoiro comezará o 30 de setembro e prolongarase durante catro sesións, que terán lugar os mércores en horario de 16.30 a 18.30 horas. O punto de encontro será o local social de Cartelle.

As persoas interesadas en apuntarse poden formalizar a súa inscrición a través do Concello de Cartelle, chamando ao teléfono 988 49 11 11. Dende a organización lembran que as prazas son limitadas, polo que recomendan non demorar a inscrición.

Esta nova proposta súmase a outras actividades impulsadas no municipio co obxectivo de fomentar a aprendizaxe, a creatividade e a convivencia veciñal. A iniciativa conta coa colaboración da Mancomunidade Terra de Celanova, e está cofinanciada pola Unión Europea.

0.15642905235291