Castrelo de Miño celebra a XII Festa da Codorniz con música, tradición e unha procesión fluvial

OurenseXa
Cortiñas acollerá entre o 14 e o 16 de agosto as festas na honra á Virxe da Asunción e San Roque, cunha programación que combina gastronomía, actuacións musicais e celebracións relixiosas
festa-da-codorniz-castrelo-de-miño
14 Aug 2026

A parroquia de Cortiñas, no concello de Castrelo de Miño, celebrará entre este venres 14 e o domingo 16 de agosto as súas festas na honra á Virxe da Asunción e San Roque, que terán como principal atractivo gastronómico a Festa da Codorniz.

Durante as tres xornadas será posible degustar codornices e empanada na braseira, mentres que a programación tamén incluirá pasarrúas, celebracións relixiosas e diferentes propostas musicais.

Os actos comezarán o venres 14 de agosto cun pasarrúas a cargo da charanga Street Band. Ás 20.00 horas terá lugar a braseira de codornices e empanada e, a partir das 22.00 horas, a verbena contará coas actuacións de Recanteira, Iria González e Trío Karma, ademais da sesión do DJ Mario.

O sábado 15, a charanga Os Centellas será a encargada do pasarrúas. Na igrexa de Santa María celebrarase ás 12.00 horas a procesión e a misa solemne.

A programación continuará ás 20.00 horas coa braseira de codornices e empanada. A partir das 21.00 horas comezará a verbena, con actuacións do Dúo Sabia Fresca, Trío Azar e DJ Mario.

O domingo 16 de agosto, a Banda de Gaitas de Celanova protagonizará o pasarrúas. Ás 12.00 horas terá lugar a procesión fluvial e a misa solemne, nun dos actos máis singulares da celebración, cun percorrido polo río desde Santa María ata Cortiñas.

A xornada continuará ás 20.00 horas coa braseira de codornices e empanada. Xa ás 22.00 horas dará comezo a festa e verbena, que contará coa actuación do Dúo Televisivo da Televisión de Galicia e de Marieta.

0.13395094871521