Catro días de actividades para celebrar o Samaín en Barbadás

OurenseXa
O Samaín 2024 chega a Barbadás entre o 28 e o 31 de outubro
Samaín
Samaín, Barbadás
21 Out 2024

O Samaín 2024 chega a Barbadás cun programa de actividades que se estenderá ao longo de catro días, entre o 28 e o 31 de outubro, e que estará enfocado principalmente aos máis pequenos da vila.

As actividades arrancarán o vindeiro luns, 28 de outubro, cun obradoiro de maquillaxe, decoración en maxia terrorífica que terá lugar entre as 16.00 e as 20.00 horas no Espazo Infantil e que se estenderá durante os días 29 e 30.

O día 31, as actividades darán comezo ás 19.00 horas cun "Truco ou Trato" polos establecemos da Valenzá e un "pasaxe do terror" no Casco Vello, titulado "Alicia no país dos pesadelos". Para rematar os festexos, ás 20.30 horas haberá unha exhibición de baile infantil a cargo de MVT Galicia!.

0.14516997337341