CCOO e UGT convocan movilizaciones en Ourense para conmemorar o Primeiro de Maio

OurenseXa
A movilización convocada por ambos sindicatos sairá ás 12.00 horas da mañá dende o Pavillón dos Remedios
ccoo-ugt-convocan-manifestacion-1-de-maio
CCOO e UGT convocan unha manifestación polo Primero de Maio en Ourense
30 abr 2024

As organización sindicais CCOO e UGT, ante este Primeiro de maio de 2024, Día Internacional dos Traballadores e Trabalhadoras, convocan unha a manifestación que sairá do Pavillón dos Remedios as 12:00 horas. Dende as organización, nun comunicado conxunto, sinalan que o obxectivo é "defender o gañado ata agora e continuar avanzando en novos retos laborais e sociais".

Ourense é una das provincias máis envellecidas de Galicia, denuncian. "A taxa de natalidade é das máis baixas, pero é que, ademais, a feminización dos coidados no ámbito familiar é o principal elemento explicativo das fendas salariais de xénero", indican no comunicado. Segundo os último datos da EPA, a taxa de desemprego é do 10,5%. Por iso, lemnran "o pleno emprego ten que ser o eixe principal e a prioridade de todas as políticas, tanto a nivel estatal, autonómico como local. É necesario ofertar a nosa mocidade, un futuro digno para fixar poboación na nosa provincia. Ourense necesita unha política que cree emprego digno, estable e de calidade para garantir un futuro laboral sostible".

Así, lembran que "debemos seguir avanzando na mellora da lexislación laboral. Agora toca protexer o contrato de traballo, repartir marxes empresariais, seguir mellorando emprego e salarios, reducir xornada e coidar a clase traballadora".

Ademais, CCOO e UGT fan fincapé no seu compromiso coas persoas traballadoras e defenden que "o sindicalismo é un piar transformador das democracias, alá onde hai organizacións sindicais con poder e forza na toma de decisións, a vida da clase traballadora é mellor".

"O Diálogo Social conseguiu grandes fitos nestes últimos anos, debemos recoñecer por exemplo, o valor que supuxo a reforma laboral de 2021 no mercado de traballo español, especialmente no relativo á redución da temporalidade. A aposta pola suba dos salarios foi compatible cunha recuperación do emprego virtuosa en termos cualitativos e cuantitativos", continúa o comunicado.

Ambas organizaciones ponen en valor a necesidade de  mellorar o marco regulador no que se xere o emprego do futuro. "É o momento da redución legal da xornada de traballo, dunha mellor regulación da contratación a tempo parcial. É hora de protexer o contrato de traballo cunha nova regulación do despedimento que respecte os compromisos internacionais adquiridos polo noso país a través da Carta Social Europea. É vital protexer as persoas que xeran a verdadeira riqueza no noso país coa súa forza produtiva: a clase traballadora. Hai que impulsar a política industrial e de desenvolvemento sectorial".

"Como organizacións sindicais, avaladas por unha ampla maioría da clase traballadora mediante o seu voto democrático, e amparadas no noso marco constitucional como institucións democráticas para a defensa dos intereses económicos e sociais das persoas traballadoras, sentimos que nos concirne propoñer estratexias de país, esixindo o papel determinante dos marcos de concertación social e apelando aos necesarios acordos de Estado".