Celanova acende este xoves as luces de Nadal

OurenseXa
Será ás 21.00 horas na Praza Maior e na Alameda
encendido-nadal-celanova
5 Dec 2024

Celanova arranca este xoves, 5 de decembro, o Nadal co xa tradicional acendido das luces, que terá lugar ás 21.00 horas na Praza Maior e na Alameda.

Ademais, a partir das 20.00 horas, a música animará as rúas da vila coa actuación da Banda EMBC, a Banda de Gaitas de Celanova, Pandereiteiras as Celavella, Lembranza Solpor e os Acordeóns Terras de Celanova. Haberá ademais unha actuación de ximnasia rítmica a cardo da EDC Celanova.

⚙ Configurar cookies
0.053390979766846