Celanova acolle a presentación do novo libro de Francisco Castro, 'Memoria RAM: Cero'

A Casa dos Poetas de Celanova acollerá este venres, 25 de setembro, ás 20.00 horas, a presentación do libro 'Memoria RAM: Cero', obra do escritor Francisco Castro.
O autor estará acompañado no acto por Xoán Carlos Domínguez Alberte, encargado de introducir a presentación. Ao rematar, realizarase unha sinatura de exemplares, que tamén estarán á venda para o público asistente.
Esta presentación ten un significado especial, xa que supón a primeira actividade organizada conxuntamente entre a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e a Fundación Curros Enríquez, tras a sinatura dun convenio de colaboración entre ambas as entidades.
O evento conta ademais co respaldo doutras institucións, entre elas o Concello de Celanova, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, que se suman como colaboradores desta cita literaria.