Celanova acolle a próxima semana unha charla sobre uso seguro do teléfono móbil

OurenseXa
Será o luns, 4 de maio, na Aula CeMIT
mobil-ordenador-tecnoloxia
1 May 2026

O Concello de Celanova acollerá unha actividade formativa centrada no uso seguro dos teléfonos móbiles, dirixida a mellorar a confianza e a protección das persoas usuarias no seu manexo diario destes dispositivos.

A charla celebrarase o 4 de maio na Aula CeMIT, en horario de 11:00 a 12:30 horas, e contará con contidos prácticos orientados á seguridade dixital.

Durante a sesión abordarase como protexer o teléfono e os datos persoais, así como a identificación de posibles fraudes e situacións de risco, a través de explicacións sinxelas e exemplos próximos á vida cotiá.

As persoas interesadas poden obter máis información ou realizar inscrición a través do teléfono 988 431 604.

0.1272189617157