Celanova acolle as xornadas "Memoria e Muller"

OurenseXa
As xornadas arrancan este sábado e extenderanse ata o vindeiro 23 de marzo
Celanova_xornadas
Xornadas
16 mar 2024

O Concello de Celanova celebra esta fin de semana as xornadas "Memoria e Muller", que arrancan este sábado 16 de marzo coa presentación do libro "Quin escribirá a miña historia?", de Iria Morgade, e coa proxección do documental "San Salvador, presos en Celanova", de Patricia Nogueira.

Mañá, domingo 17 de marzo, terá lugar a conferencia "Memoria do LGTB na Galiza do Século XX", impartida pola historiadora Daniela Ferrández Pérez, ás 11.30 horas no Patio das Cabalerizas.

As xornadas rematarán o vindeiro sábado 23 de marzo no Auditorio de Celanova, onde se proxectará o Documental "Dores", dirixido por Coral Piñeiro, e que tamén contará coa presentación do libro "Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos", de Aurora Marco.