Celanova acolle este mércores a presetación da novela 'El Bosque de los Igmas, Memorias de mis ancestros'

OurenseXa
Trátase da primeira novela da autora Rocío de Prado, filla de emigrantes galegos en México e cun forte círculo con Celanova
Casa dos Poetas de Celanova
7 Ago 2024

A Casa dos Poetas de Celanova acolle este mércores 7 de agosto, ás 19.30 horas, a presentación do libro 'El Bosque de los Igmas, Memorias de mis ancestros'. Trátase da primeira novela da autora Rocío de Prado, máis coñecida como Ro DPrado G, afincada en Vigo e filla de emigrantes.

Filla de emigrantes galegos en México, as súas raíces teñen un forte vínculo con Celanova, de onde era orixinaria a súa nai.

Tal e como explicaba a autora a través das súas redes sociais "Celanova, é terra de poetas, cunha gran riqueza artística, cultural e histórica; como tamén é o pobo dos meus devanceiros, onde a miña nai naceu, e o destino uniu a vida dos meus pais. Na miña novela fago referencia a un dos seus grandes poetas, Manuel Curros Enriquez, dado que a súa poesía chegou a min en forma de canción; aínda sen entender moi ben o significado, na miña memoria ecoica da infancia rexistrouse a fermosa melodía na voz da miña nai, mentres recitaba aqueles cantos en galego, a súa lingua natal".

0.094146966934204