Celanova acolle este venres a presentación do libro 'Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina'

OurenseXa
A presentación terá lugar o venres, 15 de novembro, na Casa dos Poetas de Celanova
Presentación de 'Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina'
Presentación de 'Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina'
13 Nov 2024

A Casa dos Poetas de Celanova acolle o venres, día 15 de novembro, ás 19.00 horas, a presentación do libro 'Cantos de dor e liberdade. Voces galegas por Palestina', editado por Tempo Galiza.

O acto estará presentado por Ernesta Seoane, coordinadora da plataforma galega de solidariedade con Palestina en Celanova, e pcontará coa participación de Xoán Gabeiras, de Galiza por Palestina, Sami Ashour, da Asociación galaico-áraba Jenin, e haberá intervencións de poéticas de Igor Lugrís e Xoán Carlos Domínguez Alberte.

0.08425498008728