Celanova acolle este venres un obradoiro e unha exhibición de patinaxe na Praza Maior

A Praza Maior de Celanova acollerá este venres, 14 de agosto, unha xornada dedicada á patinaxe cun obradoiro e unha exhibición da modalidade roller freestyle.
A actividade está organizada polo Concello de Celanova, coa colaboración de Unity Rollerblading, e desenvolverase entre as 19.00 e as 21.00 horas.
A proposta permitirá achegarse á patinaxe e gozar dunha exhibición no centro de Celanova.