Celanova acolle un concerto este sábado da man da Agrupación Musical Somos Nós

O Concello de Celanova celebrará un acto cultural con motivo da programación para conmemorar Día das Letras Galegas cun concerto da Agrupación Musical Somos Nós.
A actuación terá lugar o 9 de maio ás 20:30 horas no Refectorio, nun evento aberto ao público que forma parte da programación especial arredor desta efeméride dedicada á cultura e á lingua galega.