Celanova acolle un curso presencial de axudante de camareiro para mellorar a empregabilidade

O Concello de Celanova impulsa un curso presencial de axudante de camareiro dirixido a mellorar a empregabilidade das persoas participantes a través de formación teórica, talleres de procura de emprego e prácticas non laborais en empresas.
A formación teórica terá unha duración total de 50 horas e desenvolverase na Cafetería do Auditorio Ilduara, entre o 18 de maio e o 3 de xuño.
O programa complétase con actividades prácticas orientadas á inserción laboral, así como sesións de apoio á busca activa de emprego.
As persoas interesadas deberán realizar inscrición previa. Para máis información está dispoñible o teléfono 988 431 481.