Celanova acolle un obradoiro de caligrafía e caligramas dentro do programa “Os Luns na Biblio”

OurenseXa
A actividade, dirixida a nenos e nenas de 6 a 12 anos, celebrarase o 6 de xullo na Biblioteca Municipal
obradoiro-caligrafia-celanova
2 Jul 2026

A Biblioteca Municipal de Celanova acollerá o vindeiro 6 de xullo, ás 11:00 horas, un obradoiro de caligrafía e creación de caligramas enmarcado no programa “Os Luns na Biblio”.

A actividade, titulada “Mi rincón favorito”, está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos e propón unha aproximación á escritura creativa a través da elaboración de caligramas.

As persoas interesadas deberán realizar inscrición previa no teléfono 988 431 930.

0.12877798080444