Celanova acolle unha conversa co deseñador de museos Jorge Martínez sobre a creación de espazos de memoria

OurenseXa
A Casa dos Poetas será o escenario, o xoves 13 de agosto, de “Aires doutras terras”, un encontro centrado na transformación da memoria colectiva nun museo vivo
conversas-jorge-martinez
12 Aug 2026

A Casa dos Poetas de Celanova acollerá o vindeiro xoves, 13 de agosto, ás 19.30 horas, unha conversa co deseñador de museos Jorge Martínez, profesional especializado na creación e deseño de espazos museísticos en diferentes lugares do mundo.

Baixo o título “Aires doutras terras”, o encontro propoñerá unha reflexión arredor da arte de transformar a memoria e a identidade dun pobo nun museo vivo, achegando ao público a experiencia de Martínez no ámbito do deseño e conceptualización destes espazos culturais.

A actividade está organizada pola Fundación Curros Enríquez, co apoio do Concello de Celanova, a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, e permitirá coñecer de primeira man diferentes perspectivas sobre a relación entre patrimonio, memoria colectiva e museos.

0.16523504257202