Celanova acollerá este verán sesións gratuítas de taichi no Claustro Barroco

OurenseXa
As clases, dirixidas a maiores de 16 anos, desenvolveranse en xullo e setembro dentro do programa provincial de fomento deportivo
tai-chi-celanova
28 Jun 2026

O Claustro Barroco de Celanova será o escenario este verán dun programa de clases de taichi organizadas no marco do III Programa de Fomento Deportivo da Deputación de Ourense. As clases ofreceranse de forma gratuíta para persoas maiores de 16 anos e serán impartida polos profesionais do Ximnasio Celanova.

As sesións terán lugar os luns e mércores dos meses de xullo e setembro, en horario de 10:00 a 11:00 horas, nunha proposta orientada á práctica do exercicio físico suave nun contorno histórico e singular. As inscricións poden formalizarse a través do teléfono 988 431 337.

0.11845993995667